O Concello de Chandrexa acada financiación para o seu programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia ben de resolver as axudas concedidas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e entre elas está “Mulleres empoderadas de Chandrexa”
O principal obxectivo do programa, que ofrece obradoiros de habilidades e autocoidado, é previr a violencia de xénero e acompañar as mulleres maiores mais vulnerables, ofrecéndolle novos coñecementos, habilidades e ferramentas que contribuirán a mellorar a súa situación persoal e social.
Gracias.