Subir

P.I.C.

O Punto de Información Catastral é unha oficina autorizada pola Dirección Xeneral do Catastro en distintas Organizacións Públicas e Institucións, fundamentalmente en Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral.

No Punto de Información Catastral (P.I.C.) instalado nas oficinas do Concello pode solicitar información protexida, calquera titular provisto do seu D.N.I. en vigor, ou calquera persoa debidamente autorizada polo titular. Se a información é non protexida, pode solicitala calquera persoa.

O horario de atención do P.I.C. do Concello é de 9:00 H a 14:00 H, de luns a venres
No Punto de Información Catastral poderán obter os seguintes servizos:

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

Resolución do 24 de novembro de 2008, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime de funcionamento dos puntos de información catastral.

 
 
Powered by Phoca Download

 

Ligazons  Contacto 

 

 

  

 

GaleriaFotografica